lunes, 21 de junio de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS PARA RESPIRAR NO VERÁN: BOOKTUBERS

 O curso chega ao seu fin, voltaremos en setembro con moitos proxectos xa en mente para seguir avanzando. Queremos desexarlle o mellor ao alumnado que marcha, pero non de todo, seguiremos conectados, como non pode ser doutro xeito.

Agora chega o verán e as vacacións, mentras Librín poñerá en orde a biblioteca para que o vindeiro curso esté perfecta para recibirvos, pideunos que vos recomedaramos contos, xogos,...lecturas para respirar mentras descansamos.

Moitossss bicossss



Esperamos que vos gusten algunhas das recomendacións.

BO VERÁN


domingo, 6 de junio de 2021

VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É. REVINDICANDO O CAMIÑO DO MAR

 Queridas familias achegase o final dun curso moi difícil para todas e todos pero pensamos que a nosa Comunidade educativa, da que sodes parte fundamental, superouno con éxito.

Si recordades , os que levades aquí tres curso, a nosa biblioteca forma parte da que chamamos

                      MICRORREDE DA MARIÑA ( aquí podedes ver o blog e toda a nosa historia de colaboración e traballo conxunto como agrupación de bibliotecas PLAMBE da comarca, pero temén todos os traballos da exposición virtual deste curso.)


cartel elaborado pola alumna de 3º da ESO do IES Perdouro de Burela:  

Lidiana de Pina Sanches

Cada curso as aportacións e traballos dos centros que compoñemos esta Microrrede xiraban ao redor dun tema sobre literatura, arte,...e remataban cunha exposición colectiva no noso Concello cos traballos de centos de alumnos e comunidades educativas, desde Alfoz a Vicedo. As circunstancias actuais  obrigaron a dar un xiro a nosa proposta pero seguimos adiante, polo que este mes podedes ver os marabillosos traballos feitos nos coles da Mariña a través da fiestra que supón para todos o  blog da Microrrede.

A nosa aportación  é o traballo realizado polo alumnado sobre a nosa localidade, uníndonos a reivindicación con outros centros e co Concello, para a oficialización do CAMIÑO DO MAR dentro do XACOBEO 21-22. 

QUEREMOS AGRADECER A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES A VOSA COLABORACIÓN E AXUDA IMPRESCINDIBLE PARA A ELABORACIÓN DESTA PEQUENA GUÍA.

GRAZAS!!!!!



VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É de jacintafernandez3

sábado, 22 de mayo de 2021

XEOGRAFÍAS POLA DIVERSIDADE NO NOSO CAMIÑAR

No mes de maio hai varios días de celebración que nos recordan a necesidade de ser tolerantes e respetuosos cos que non son nin pensan coma nós, ó que nos fai verdaderamente humanos  libres. Este aprendizaxe de tolerancia comeza na casa e continua na escola, polo que nós queremos facelo visible.

   

Ningunha nena ou neno, ningunha persoa, debe sentirse excluida, invisibilizada, acosada ou violentada por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero, ou por non seguir os patróns, estereotipos e roles asignados ao xénero socialmente. Tampouco podemos excluila por pertenecer a outra cultura ou relixión. Na diversidad, respeto  e na tolerancia está  o avance das nacións.

Nesta idea Librín deixavos unha nova actividade de ANALIZANDO CONTOS E CURTAS. Espera que vos guste moito e que participedes contestando as preguntas.





Librín deixa unhas preguntas:

1º-QUE LLE PASA AO AÑO?
2º-A ONDE Ó LEVA O GRANXEIRO?
3º-QUE DÍ O VETERINARIO?
4º-COMO SE SINTE AO VOLTAR A GRANXA?
5º-POÑERIASLLE OUTRO TÍTULO A ESTE CONTO?

Recomendacións lectoras:





martes, 18 de mayo de 2021

XEOGRAFÍAS NO CAMIÑO AOS MUSEOS

 Tódolos 18 de maio celebrase o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS,  e Librín  recorda o ben que o pasastes coa visita virtual ao MUNCYT polo que vos deixa uns enlaces onde podedes facer outras visitas virtuais a museos de Galicia que algunha vez podedes  presencialmente visitar tamén en familia:

MUSEOS DE GALICIA  = visita virtual, elixe !

https://bit.ly/second-canvas-belas-artes?fbclid=IwAR11bq74YCrzSMpIuBJbiXlFjPevw3bbJC5L8_N0OE7ZUQw3Fv9QoKveGvQ

Como estamos en ano Xacobeo  recordamos o Museo das Peregrinacións e de Santiago

http://museoperegrinacions.xunta.gal/gl/node/83


Recomendacións lectoras:





sábado, 15 de mayo de 2021

TOPAMOS CON XELA NO CAMIÑO

 No noso camiñar do día a día celebramos a festa das Letras Galegas, para non esquecer algo que é noso, a nosa língua,  que nos da identidade propia. Estivemos a falar da homenaxeada este ano:

Xela Arias





A PARTIR DOS LIBROS QUE NOS DEIXOU LIBRÍN: 


Tamén queremos compartir un conto enviado por un exalumno, o que lle damos as grazas desde aquí,   ilustrado polas nosas nenas e polos nosos nenos.


 RECURSOS :  http://primaveradasletras.gal/   ( pincha aquí)


 PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CONCELLO:


 







lunes, 3 de mayo de 2021

INCLÚE-T, OUTRAS XEOGRAFÍAS IMPORTANTES

 A biblioteca pública de Viveiro ofreceu  unha contacontos moi especial que algunha das nosas nenas e nenos viron en directo, contaronnos o moito que lles gustara e comprobamos o moito que aprenderon.

Como non todas e todos tiveron a oportunidade de vera a Paula Gándara a biblioteca agasallounos co vídeo do conto, está en lengua castellana para adaptarse a LENGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA xa que non contamos con ésta en galego.

DI E OS AMORODOS






 


domingo, 25 de abril de 2021

RE-CREAndo as nosas propias xeografías

 Estes mes estivo cheo de libros, contos, lendas e historias que Librín deixou en todas as aulas e nas casas do alumnado que ó solicitou. 

Pero tamén para recrear as nosas historias, desde a nosa biblioteca creativa, tivemos obradoiros de monicreques, onde elaboramos titeres con materiais diversos.  Nalgús grupos dentro PDI buscaron entre os contos acordes ao mesmo e crearon as persoaxes para reinterpretar a historia coas suas palabras, outros buscaron unha canción para animar o conto, outros inventaron as súas propias historias, todas e todos disfrutarmos moito.



 










      
 










O pasado venres para celebrar o Dia Mundial do Libro e do Dereito de autor tivemos un encontro coa escritora Estefanía Padullés, que nos contou a historia "A MANCHAS OU A RAIAS?", e conversou con nós sobre os animais, as mascotas e a diversidade. Prometimos enviarlle os noso debuxos


O Concello de Viveiro tamén nos agasallou cun fermoso libro para a nosa biblioteca, cheo de historias e lendas da nosa comarca.

E como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña"

ABRIL, ABRIL LECTURAS MIL

 Abril é o mes dos libros na biblioteca de Librín, aínda que os contos e os libros da nosa biblioteca viven todo o curso como no mes de abri...