Como escuela de Educación Infantil Inclusiva abordamos o día 2 de abril como unha das datas máis importantes do ano por ter dúas conmemoracións importantes.
Polo Día da Concienciación sobre o Autismo este curso traballamos o significado da palabra autista coa utilización de pictogramas como parte da nosa Escola Visual ( Fundación Orange), para iso empregamos o video da mestra Mª Jesús Fernández, asemade falamos das diferenzas que nos fan mellores a través dos contos da nosa biblioteca.
Polo Día da Libro Infantil tivemos unha contacontos, contacontos musical, Vero Rilo e o seu espectáculo CACHO ANIMALADAS, adaptando e "musicando" contos tan famosos como " A toupiña que quería saber..." ou "O cabalo azul".
No hay comentarios:
Publicar un comentario