Hoxe os nenos e nenas de tres anos desfrutaron dunha xornada ben divertida.
Xa que o Samaín se achega, estamos a traballar esta temática a través de diversas propostas, e entre elas o conto "Corre corre, cabaciña".
Todos desfrutamos moitísimo coa lectura e actividades a partir deste fermoso conto: pintamos a nosa cabaciña, cantamos a canción e... hoxe formamos a cabaza na mesa de luz!
Esta proposta foi especialmente divertida e motivadora, ademais de traballar cos nenos e nenas as diferentes emocións en relación ao proxecto deste ano da biblioteca "Aprendendo a pensar a través das emocións": cabazas tristes, contentas, asustadas... Pasámolo de marabilla!
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
DÍA DO LIBRO INFANTIL - DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Como escuela de Educación Infantil Inclusiva abordamos o día 2 de abril como unha das datas máis importantes do ano por ter dúas conmemorac...

-
Neste tempo de Nadal tecemos vínculos entre a nosa comunidade educativa, para iso elaboramos tarxetiñas co plotter de corte que o noso alum...
-
Esta semana, na que o día 11 se celebraba o Día da Muller e a Nena na Ciencia, tivemos a sorte de contar con numerosas nais magníficas ci...
-
Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha...
No hay comentarios:
Publicar un comentario