Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, o noso cole participou na elaboración do vídeo-conto "Está ben ser diferentes", xunto cos outros vintenove centros educativos de toda Galicia. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación, o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Cervo, e en colaboración coas mestras de pedagoxía terapéutica Mila Castro do CEE María Mariño, e Alba Rodríguez do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves).
Así, visionando esta curta, recordamos o xenial e importante que é ser diferentes, axudarnos uns aos outros e comprender e valorar as diferencias dos demais, despertando a empatía no alumnado.
En concreto, o cole San Roque puxo o seu graniño de area neste proxecto a través do conto "Está ben levar gafas", o cal podedes ver a continuación.
POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA, PORQUE ESTÁ BEN SER DIFERENTE!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario