jueves, 21 de diciembre de 2017

DÍA DE NADAL!

   Hoxe no cole San Roque desfrutamos do último día do trimestre cunha xornada divertida e navideña!
   Aquí vos deixamos unha mostra de todas as actividades que realizamos para que vexades o ben que o pasamos!
  Queremos agradecer especialmente á residencia de maiores GERIATROS pola súa colaboración, dispoñibilidade e bo humor para traernos ao auténtico Apalpador ao cole, que ademais estaba de cumpleanos! nada menos que 92! Cantámoslle o cumpleanos feliz e desexámoslle unha boa noite de Nadal repartindo agasallos e castañas...




O cole estaba repleto de postais navideñas feitas polos nenos e nenas e as súas familias, moitas gracias!!




                                   Fixemos o tradicional "intercambio de postais"



                                  Realizamos obradoiros de adornos de Nadal








Recibimos a visita do Apalpador, a quen lle deixamos as nosas cartas cos agasallos que lle pedimos, e ademais contáronnos o conto de "O apalpador e a castaña máxica".



Merendamos todos xuntos postres típicos destas datas que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Moitas gracias a todas as familias por tan deliciosos doces !


Tamén desfrutamos dun contacontos pola IGUALDADE: "mamá e papá Noel, unha noiteboa diferente"


E para rematar, todos os nenos e nenas levaron orgullosísimos os seus traballos deste trimestre, ademais do calendario que realizamos no marco do proxecto integral de Voz Natura "Espertando ao maio",  no que cada clase elaborou a flor e planta sobre as que están a traballar e a investigar.

Esperemos que desfrutedes moito destas festas cos vosos fillos e fillas, xogando, brincando, correndo, sorrindo, e sobre todo, contanto e lendo moitos contos!

Bo Nadal a todos e todas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXPOSICIÓN, CONTACONTOS, MARCAPÁXINAS DE COMIC E RECOMENDACIÓNS

 No DÍA NO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...