lunes, 22 de enero de 2018

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

    Este curso está cheo de novidades, e entre elas, a nosa participación no proxecto "Viaxe ao reino das emocións".

    A través desta viaxe, coñeceremos as emocións básicas aprendendo a recoñecelas en nós mesmos e nos demáis, tratando así de desenvolver as intelixencias intrapersoal e interpersoal.

    Consideramos a educación emocional na escola como o mellor camiño para educar en valores, tratando de espertar a empatía no alumnado, formando nenos e nenas capaces de cambiar as inxustizas, xa que, tal e como di César Bona "as portas das escolas deben estar abertas, non só para que os nenos entren, senón para que as súas ideas saian e transformen o mundo".

Comezamos a nosa viaxe!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DO LIBRO INFANTIL - DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 Como escuela de Educación Infantil Inclusiva abordamos o día 2 de abril como unha das datas máis importantes do ano por ter dúas conmemorac...