martes, 11 de junio de 2019

A POESÍA QUE SENTIMOS

Un ano máis a exposición dos traballos das comunidades educativas das bibliotecas PLAMBE da Mariña foi un éxito, tanto na xornada de inauguración como na clausura.
Na xornada de inauguración acompañounos a Conselleira de Educación Dª Carmen Pomar e outras autoridades que veñen acudindo ano tras ano.
As nenas e nenos de 6º de Infantil do noso centro recitaron unha fermosa poesía creada pola compañeira Rocío Fernández Novo, e a pequeña ANA dixo unhas palabras xunto a unha nai de Alfoz e alumnos  do IES María Sarmiento.
 Tanto pola actuación como polo poema recibimos moitos parabéns.
Esperamos  o vindeiro curso seguir colaborando e facendo posible a implicación das familias de toda a Mariña na creación e unión entre arte e literatura.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...