Comezamos novo ano e novo trimestre con boas novas, a nosa biblioteca ben de ser seleccionada, unha das 50 de todo Galicia, para desenvolver o programa LECTURA E FAMILIAS que nos permitirá realizar actividades para e con todas a comunidade educativa.
Librín está moi pero que moi contento de que o noso proxecto fora seleccionado e espera que este programa sexa do agrado de todas e todos. De todas as propostas e actividades iremos informando puntualmente nos seguintes meses e ata rematar o curso.
Recordade que a vindeira semana retomamos o servizo de préstamos non só para as nenas e nenos tamén para todos os membros da familia.
Neste novo trimestre Librín tamén quere comezar cun videoconto que nos achegou unha antiga alumna e que se titula
O SEGREDO DE FLORA
Dende aquí queremos darlle as gracias a Mariña por seguir acompañándonos e invitamos a outros antigos alumnos a que nos manden os seus contos si o desexan.
GRAZAS LIBRIN XA SABES QUE ME GUSTAN MOITO OS CONTOS. UN BICO MARIÑA.
ResponderEliminarMoitos bicos tamén para tí. Canto me alegro que che gusten tanto coma min.
ResponderEliminar