Paisaxe en palabras é o titulo do cadro que presentamos na
exposición da Microrrede da Mariña. Un cadro dunha paisaxe elixida polo
alumnado entre as que fotografaron nas múltiples saídas polo noso entorno
natural durante todo o curso, é unha paisaxe de Viveiro onde se pode ver
o mar, o pobo e o monte que da nome ao noso cole. Elaborado como un collage e acuarelas. Despois de sacar fotos das distintas
partes do corpo, dos sentidos polos que percibimos esas paisaxes que nos rodean
e de pintalas con acuarelas, pasaron a formar parte da obra, como nós mesmos
formamos parte do medio no que vivimos. Esas paisaxes definidas con palabras,
palabras que puxeron as familias participantes a través de contos e lenda de
lugares significativos que conforman as nosas paisaxes e que podedes escoitar
na obra a través dos códigos QR que forman o marco da mesma.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
martes, 10 de mayo de 2022
PAISAXE EN PALABRAS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
XOGOS EN IGUALDADE, POLO DÍA DA MULLER
Unha sociedade en igualdade e sen discriminación por razóns de xénero sempre será unha sociedade mellor, por iso é importante recordar cada...

-
Neste tempo de Nadal tecemos vínculos entre a nosa comunidade educativa, para iso elaboramos tarxetiñas co plotter de corte que o noso alum...
-
Esta semana, na que o día 11 se celebraba o Día da Muller e a Nena na Ciencia, tivemos a sorte de contar con numerosas nais magníficas ci...
-
Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha...
No hay comentarios:
Publicar un comentario