Este Nadal celebramos compartir e agasallar amor e solidaridade, por iso realizamos obradoiros de adornos e un calendario ben fermoso para donar ao Mercado Solidario que organiza a Residencia Domus Vi cada ano, tamén participamos coas nosas aportacións na visita a ese mercado.
A nosa escola encheuse de adornos especiais, un Calendario Literario de Advento co que nos agasallou a ANPA, unha árbore de Nadal feita con libros, Papá Noel a fuga e un recuncho para facer unha foto de recordo do Nadal 2025.
Librín desexavos un BO NADAL e un VENTUREIRO ANO NOVO e deixavos recomendacións lectoras para estas vacacións, os libros do calendario de advento , para que o noso alumnado volva a escoitar esas fermosas historia unha e outra vez.








No hay comentarios:
Publicar un comentario