lunes, 14 de octubre de 2019

14 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS

O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Dende a biblioteca de Librín tamén quixemos conmemorar este día o noso xeito , recordando as mulleres escritoras que nos contan historias fermosas e que nos animan a coidar e amar a natureza, como OLGA DE DIOS  e o conto "A ra de tres ollos".
As nenas e nenos escolleron contos escritos por mulleres creativas que nos fan amar os libros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAMAÍN, MEDO AS ARAÑAS

 Vimos de celebrar o Samaín cunha morea de actividades que teñe como telón de fondo unha das máis importantes emocións que sentimos O MEDO. ...