UN NOVO CURSO A BIBLIOTECA DE LIBRÍN QUERE CONVIDAR A TODA
A COMUNIDADE EDUCATIVA A QUE PARTICIPE DAS SÚAS PROPOSTAS:
- O 25 DE
OUTUBRO CELEBRAREMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, E POR ISO NESTE MES DAS
BIBLIOS E DO SAMAÍN,
DEIXAMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE CONTOS
PARA TREMER DE MEDO E DE RISA.
- CONVIDÁMOSVOS A DISFRUTAR EN FAMILIA, colaborando con nós nas actividades sobre as emocións e as
celebracións deste mes, CONVERTINDO CABAZAS EN
MONSTRUOS HORRIPILANTES, USANDO TODO TIPO DE MATERIAIS DE REFUGALLO.
TRAEREDELAS A ESCOLA ANTES DO MÉRCORES 23 PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA.
-PARA CELEBRAR O SAMAÍN, ADEMAIS DA EXPOSICIÓN DAS CABAZAS
NA ENTRADA DO COLE, que poderedes visitar, AS NENAS E NENOS DISFRUTARÁN O DÍA 30 DUNHA CONTACONTOS.
RAQUEL QUEIZÁS TRAERÁ “A MALETA DA AVÓA”.
-ESE MESMO DÍA 30 ÁS 17:00 H. NA BIBLIOTECA CONVIDAMOS A
TODAS AS FAMILIAS A QUE DISFRUTDES, DA 1º ACTIVIDADE DA ESCOLA DE NAIS E
PAIS, CON RAQUEL QUEIZÁS FALANDO DE DIVERSIDADE CUNHA ACTIVIDADE LÚDICA
BAIXO O TÍTULO: “XOGAR CON OBXECTO PARA CONTAR”
Recordade que o venres día 31 non é lectivo, por concedelo
a Consellería de Educación como Día do Ensino.
O equipo da biblioteca
escolar
No hay comentarios:
Publicar un comentario