O DOG do 1 de setembro de 2020 publica o Orde de 24 de agosto de 2020 pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2020/2021.
Estamos moi de acordo co que di o texto na páxina de Bibliotecas escolares e iso é o que pretendemos facer:
"As especiais circunstancias polas que atravesa a sociedade en xeral e o ensino en particular neste 2020 converten este curso que comeza nun importante reto para docentes, familias e alumnado; as bibliotecas escolares demostraron na primavera pasada que son un instrumento e un valor do centro á hora de enfrontar novas formas de vincular á comunidade educativa, de ofrecer recursos para apoiar as aprendizaxes, de reforzar as competencias clave do alumnado e de facilitar lecturas e actividades que axuden a medrar como cidadáns activos e como lectores críticos da realidade. Cómpre seguir na pescuda de todas as súas potencialidades, adaptándose á situación sanitaria pero con iniciativa para presentar solucións aos problemas que se presentan."
TEXTO DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PLAMBE (DOG do 01/09/20 )
No hay comentarios:
Publicar un comentario