Os centros educativos que formamos parte da Microrrede da Mariña comezamos a compartir experiencias, cantigas, contos,...na actividade que leva por nome:
T-LEMOS
Compartimos esta primeira actividade co CEIP de Cervo, toda unha nova experiencia moi satisfactoria para o alumnado participante neste primeiro encontro en streaming. O alumnado de 5º de primaria agasallounos cunha cantiga do magosto que usaremos para o do cole, o noso alumnado de 6º tamén cantou unha cantiga as nenas e nenos de Cervo. Esperamos repetir en moitas outras ocasións ao longo deste curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario