Dentro do noso PDI "PALABRAS PARA ENTENDER O MUNDO" este mes está sendo moi intenso con moitas palabras sobre poesía, natureza, diversidade,...diversión, xogo e aprendizaxe.
A poesía encheu de palabras rimadas a nosa escola e tivemos un encontro especial con ANTÓN CORTIZAS, coa súa poesía, o seu bo facer co papel e os xoguetes tradicionais.
Celebramos a diversidade, que nos completa e fai mellores como sociedade, polo Día Mundial do Sindrome de DOWN, con contos, cine, xogos... Eleximos o conto O cazo de Lorenzo para traballar nas aulas. Tamén fumos ao cine invitados polo Concellería de Cultura a ver en primicia Valentina, premiada co Goya a mellor película de animación 2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario