Un ano máis a exposición dos traballos dos centros que formamos a Microrrede da Mariña foi todo un éxito, non só polo público visitante, polas actividades dinamizadoras, a repercusión social na prensa, nas bibliotecas se non tamén por inocular entre as comunidades educativas a necesidade de traballar en colaboración e cooperación para mellorar a sociedade.
A nosa aportación foi un cadro coa parte artística feita polo alumnado e despois en familia o remataron coas palabras agarimosas e os alcumes familiares que forman os camiños diarios das súas vidas.
Sen non poidestes disfrutar da exposición podedes ver todo o que alí aconteceu no blog a Microrrede
MICRORREDE DA MARIÑA ( pinchade aquí)
Este curso o noso centro participou nas actividades dinamizadoras coa representación de títeres dun dos contos que máis éxito ten entre o alumnado máis novo. Foi todo un éxito de público e un orgullo de compañeiras que o fixeron marabillosamente ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario