Maio é o mes das LETRAS GALEGAS adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, nós festexámolo por todo o alto cunha morea de actividades ben interesantes, que nos axudaron a coñecer o autor a través dos xogos e xoguetes tradicionais, coa axuda dos libros cos que nos agasallou o seu autor José Manuel García Fernández (no día da inaguración da nova biblioteca, día no que tivemos a sorte de ver e xogar con algúns de eses xoguetes), él é o percursor da exposición DON PACO, O PÍCARO ARGALLEIRO aberta en Lourenzá dende o mes de abril.
Tamén coñecimos o folklore e as nosas tradicións coa colaboración especial da Asociación Cultural Bágoas da Terra que nos visitou para mostrarnos as partes do traxe tradicional galego de festa e agasallounos cunhas "mariquitas" para que as nenas e nenos as podan vestir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario