viernes, 9 de marzo de 2018

ESCORNABOTS!

   Como xa vos anunciamos, neste curso estámonos a formar no mundo da robótica e programación co fin de traballar cos nenos e nenas neste eido.

   Así, pódense integrar diferentes contidos a traballar dunha forma lúdica e moi motivadora, ademais de adentrarnos no mundo da robótica, as TIC´s e a programación, tan de actualidade nestes momentos.

Deixámosvos unha mostra das nosas experiencias!









jueves, 1 de marzo de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Ola a tod@s!

   Como xa sabedes, o 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Con este motivo, durante toda a semana, estivemos a coñecer moitos datos da vida da escritora así como algúns dos seus poemas máis fermosos.

   A través do libro-CD  "Rosalía Pequeniña" da autora Uxía, decidimos traballar sobre tres poemas-canción: "Xan" os nenos e nenas de 3 anos, "Paseniño" os de 4 anos, e "Como chove miudiño" as nenas e nenos de 5 anos.

   Despois, plasmaron nun debuxo libre os versos de Rosalía. Desta actividade afloraron representacións moi curiosas e divertidas, xa que os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación e creatividade.

   Ademais, tamén houbo composicións co retrato de Rosalía ao xeito de Andy Warhol, todos uns artistas!

   Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.




















ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...