sábado, 5 de septiembre de 2020

Moito ánimo desde DOMUS VI

 Lévanos varios anos colaborando con Domus Vi, sempre resultou moi fermoso o intercambio entre os avós e avoas e os nosos nenos e nenas. A colaboración e visita ao mercado solidario, os contos que nos traian cada Nadal e o Apalpador que  recollia as cartas,... unha morea de sentimentos marabillosos. Esperamos seguir colaborando ainda que non sexa presencialmente, sempre podemos artellar outros xeitos.

As avoas e avós, xa comezan esa colaboración, envíannos un vídeo de ánimo para o comezo deste novo e diferente curso, que queremos compartir con toda a nosa comunidade educativa.

 https://we.tl/t-tRDQvRDqSO


MOITAS GRAZAS!!!

SEGUIREMOS COMPARTINDO AINDA QUE AGORA SEXA ON LINE.


CAMIÑANDO FAISE CAMIÑO

 Queridas familias non teñamos medo, só camiñemos con moito sentidiño.

Todas as normas e recomendacións do noso protocolo son para protexer a toda a comunidade educativa e depende de todas e todos, das nosas accións no día a día, que o camiño sexa sinxelo e sen obstáculos.

Librín tamén está traballando para que podamos seguir disfrutando das súas suxerencias.



miércoles, 2 de septiembre de 2020

Resolución a convocatoria das bibliotecas PLAMBE para o curso 2020/2021

 O DOG do 1 de setembro de 2020 publica o Orde de 24 de agosto de 2020 pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2020/2021.

Estamos moi de acordo co que di o texto na páxina de Bibliotecas escolares e iso é o que pretendemos facer:

"As especiais circunstancias polas que atravesa a sociedade en xeral e o ensino en particular neste 2020 converten este curso que comeza nun importante reto para docentes, familias e alumnado; as bibliotecas escolares demostraron na primavera pasada que son un instrumento e un valor do centro á hora de enfrontar novas formas de vincular á comunidade educativa, de ofrecer recursos para apoiar as aprendizaxes, de reforzar as competencias clave do alumnado e de facilitar lecturas e actividades que axuden a medrar como cidadáns activos e como lectores críticos da realidade. Cómpre seguir na pescuda de todas as súas potencialidades, adaptándose á situación sanitaria pero con iniciativa para presentar solucións aos problemas que se presentan."

TEXTO DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PLAMBE (DOG do 01/09/20 )

PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...