O mes de marzo estivo cargado de celebracións e de poesía, nesta última semana tivemos dúas actividades moi emocionantes:
- o encontro cun poeta amigo, Xoán Neira, que nos presentou o seu último libro co que estamos a traballar nas aulas "CALENDARIO POÉTICO".
-a celebración do DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN, este ano co lema "NON SOMOS UN ESTEREOTIPO, SOMOS MOITO MÁIS", coa colaboración da Asociación Down Lugo que nos trouxo un espectáculo de monicreques con sombras chinesas,"ELMER" . E moitas outras actividades coas que axudar na sensibilización e visibilización de todas as persoas con este síndrome e do noso amigo e compañeiro Alex.
https://www.instagram.com/p/CqWTiM3t9PF/?igshid=MDJmNzVkMjY=