No ano 2015, a
ONU
estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan
as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da
Resolución A/RES/70/212. A
finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na
ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade
de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que
a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Hoxe día 11 de febrero do 2020 celebramos o "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA" coa finalidade no só de dar visibilidade a multitude de mulleres científicas e investigadoras, silenciadas moitas delas, se non tamén tentar de sementar o gusto por investigar e experimentar, e quen sabe algunha que outra científica no futuro.
Fixemos unha exposición de libros, unha guía de lecturas e varios experimentos divertidos.
Asemade traballamos nas aulas co libro
"MUJERES NEGRAS EN LA CIENCIA", cada aula elixeu unha investigadora que ó tiña doblemente difícil, muller e de raza negra, visibilizando a igualdade e a diversidade, cun traballo plástico que pasou a formar parte dun mural colectivo que ten como figura central a
MARGARITA SALAS. Tentando tamén facerlle o noso pequeno homenaxe a unha gran investigadora española, que nos abandonou hai poucos meses, e á que debemos darlle o recoñecemento que se merece.
https://youtu.be/RkLHWs3NWrI ----"Pequeña científica"
Os pequechos e pequechas de 3 anos experimentaron fabricando a sua propia botella da calma á que acudir cando sentan as formiguiñas do enfando no seu estómago.
Cun pouco de auga, tinte alimentario, aceite corporal e brilli brilli este foi o resultado:
E para os interesados en continuar experimentando nas vosas casas aquí tedes a guía de lectura que recomendamos: