"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
viernes, 24 de octubre de 2025
ALGUÉN QUERE ENGANARNOS
martes, 14 de octubre de 2025
PREPARADAS PARA SER, quen sabe , ESCRITORAS
Neste meses a biblioteca está chea de movemento e vida, comezamos coa celebración do DÍA DAS ESCRITORAS, recordando que as mulleres escritoras da década dos 70, e nós estamos poñendo a semente para que algunhas das nosas alumnas, quen sabe, serán escritoras tamén.
Para esta celebración tivemos a sorte de recibir a visita dunha compañeira e amiga escritora, María Rolle, que nos veu a presentar o seu libro "Esta non é outra historia de piratas", veu coa a súa amiga Ánxela coa que nos contou este conto musicalizado.
lunes, 13 de octubre de 2025
A BIBLIOTECA DE LIBRÍN EN MARCHA
Este curso abrimos para xogar, no significado máis amplo deste término, polo que a nosa biblioteca de Librín vai encherse de xogo, de xogos en igualdade para divertirnos, para aprender, para investigar, para convivir, para comprender e incluír a diversidade, para deseñar...
Neste o mes das bibliotecas comezamos a nosa andaina, saíran as mochilas viaxeiras, as caixas sorpresa, os prestamos...pero tamén moitas sorpresas sorpresudas.
A nosa primeira sorpresa foi a resolución do PLAMBE, para este curso, coa dotación de máis fondos, o que nos permitirá seguir mellorando o lugar máis prezado do cole.
O noso PDI deste curso xira en torno o xogo de xogar a descubrir e deseñar baixo o título "Deixando pegadas para o futuro"
A primeira actividade divertida para o noso alumnado foi o contacontos "PEIXE FRESCO DO DÍA" con Mircromina Titeres, financiado polo GALP A Mariña-Ortegal, unha historia que nos anima a comerlo peixe frequiño e coidar do mar non contaminando para seguir tendo peixe fresco a hora do xantar.
ALGUÉN QUERE ENGANARNOS
A desinformación é unha das lacra da sociedade actual por iso dende as bibliotecas e dende os centros educativos debemos formar ciudadanos...
-
Neste tempo de Nadal tecemos vínculos entre a nosa comunidade educativa, para iso elaboramos tarxetiñas co plotter de corte que o noso alum...
-
Esta semana, na que o día 11 se celebraba o Día da Muller e a Nena na Ciencia, tivemos a sorte de contar con numerosas nais magníficas ci...
-
Aproveitando a chegada da estación escura e a celebración do Samaín preparamos no cole moitos xogos, contacontos, murais, actividades, unha...










