Dende a selección de contos e poemas de Rosalía de Castro que fixo o equipo da biblioteca traballamos nas aulas en torno a dúas importantes celebracións, O DÍA DA LINGUA MATERNA e O DÍA DE ROSALIA.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
jueves, 29 de febrero de 2024
lunes, 19 de febrero de 2024
SEMENTANDO A CURIOSIDADE CIENTÍFICA
Polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA dende a biblioteca, un curso máis, tentamos achegar a curiosidade científica a través do vínculo emocional da nais, así celebramos a II SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, con tódalas mamás que desexan participar. Veñen ao centro e realizan todo tipo de experimentos, conectando coas nenas e cos nenos realizan experimentos de todo tipo que despertan a curiosidade infinita e o gusto pola ciencia.
Unha actividade que tivo moitísimo éxito o ano pasado e que este vai polo mesmo camiño, unha maneira especial de SEMENTAR FUTURO E TECER COMUNIDADE, e quen sabe moitas científicas no futuro.
jueves, 15 de febrero de 2024
ENTROIDO EMOCIONADO
Acorde co noso proxecto EMOCIONA-T partindo da biblioteca e dos contos do Monstro de Cores, co apoio da BIBLIOTECA CREATIVA, cos obradoiros de cabezudos e da nosa comunidade educativa realizando parte dos disfraces levamos a cabo un superentroido EMOCIONADO.
domingo, 4 de febrero de 2024
BANDEIRAS BRANCAS DA PAZ
Xunto con outros centros veciños decidimos traballar de maneira conxunta a celebración do DÍA DA PAZ ESCOLAR coa prosposta de BANDEIRAS BRANCAS DA PAZ, por un "alto el fuego" en todo o mundo. Así s maioria dos centro da MICRORREDE DA MARIÑA fixemos diversas propostas e enchemos de bandeiras brancas a Mariña lucense.
A nosa proposta foi coñecer os diferentes símbolos cos que identificamos a PAZ coa colaboración das familias, un mural con eses símbolos realizados mitade na escola e mitade en familia, un obradoiro de confección de bandeiras que colocamos por todo o centro, asemade colocamos de gran tamaño no entrada ao centro.
ENTRETECER POLO 25 N
A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...
-
O 11 de febreiro é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, unha data moi presente nas actividades da nosa escola dentro do...
-
Polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA dende a biblioteca, un curso máis, tentamos achegar a curiosidade científica a través...
-
Neste Nadal o equipo docente escolleu uns contos e xogos que vos queremos recomendar e que poden ser un bó agasallo nestas festas.