domingo, 28 de noviembre de 2021

PALABRAS PARA EXPERIMENTAR: MAXÍA COA CIENCIA

 Novembro é un mes escuro e máxico, por iso nas bibliotecas escolares é o MES DA CIENCIA EN GALEGO . A ciencia, as veces, semella maxía sobre todo para os máis pequenos, e polo que neste mes a nosa escola encheuse de maxía con palabras que fan camiño para experimentar, facer hipóteses, preguntas,... e fomentar a cusiosidade dos nosos pequenos e igual futuros científicas e científicos.





miércoles, 24 de noviembre de 2021

PALABRA MÁXICA: COEDUCACIÓN

O PDI deste curso PALABRAS PARA ENTENDER O MUNDO ten moitos ramas, como unha árbore que promete dar ricos froitos, unha delas é o Programa IGUÁLA-T dentro do cal traballamos en prol da igualdade con accións, retos e propostas durante todo o curso. Propostas que parten da biblioteca como núcleo aglutinador de todo o que facemos nesta escola. Unha delas, no 25 de novembro, é o recordatorio para toda a nosa comunidade de que: 

A MELLOR PREVENCIÓN É A COEDUCACIÓN

Este curso o alumnado fixo un pequeno corazón que recorda unhas fermosas palabras de Emilia Pardo Bazán " Non hai homes nin mulleres, hai HUMANIDADE" , que levarán as súas casas xa que é o primeiro lugar onde a coeducación, a educación en igualdade e sen diferencias de xénero debe practicarse para mellorar o mundo das nosas nenas e dos nosos nenos.



Librín tamén vos deixa este sinxelo conto 

ANTÍA VISTE DE ROXO ( = VERMELLO, ENCARNADO )
 

ROJO é un castelanismo que empregamos moito nesta zona, por iso aparece neste conto, xa que o obxectivo nas aulas é mellorar e ampliar as palabras que usamos nas dúas linguas oficiais.





martes, 16 de noviembre de 2021

Palabra de refrán: POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

 O equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo e o equipo da biblioteca colaboramos, a partir das palabras do refrán POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO, para a posta en marcha  de obradoiros nos que realizar peóns con materiais de refugallo, en consonancia co PDI "Palabras para entender o mundo" e cos obxectivos de BIBLIOTECA CREATIVA, EDUsostible ,Voz Natura  e demáis proxectos. Queremos que o xogo sexa un elemento esencial na vida do centro e  neste caso a recuperación de xogos esquecidos e de tradicións  formarán tamén parte da festa do Magosto con cantigas e baile de peóns.










ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...