martes, 22 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Ola a tod@s!

O 16 de maio celebramos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado á escritora María Victoria Moreno, como xa sabedes.

Recibimos tamén a visita do gaiteiro David Bellas, un gran músico que nos falou dun dos instrumentos da nosa cultura, a gaita, e nos amosou diferentes tipos da mesma. Moitas gracias David pola túa visita, foi todo un regalo para celebrar este día!

Ademais, os nenos e nenas do cole elaboraron debuxos dos distintos poemas do libro "E haberá tirón de orellas?", en homenaxe á escritora.

Quedaron moi fermosos!!!









lunes, 14 de mayo de 2018

OS RECUNCHOS DA NOSA BIBLIOTECA

Queridas familias! Aquí vos deixamos un resumo visual para que coñezades todos os recunchos da nosa biblioteca e poder así disfrutar, máis se cabe, dela. Unha aperta!

viernes, 11 de mayo de 2018

ACTO DE CLAUSURA

Onte rematou a gran semana da Microrrede da Mariña cun acto de clausura para o recordo:

 Tras o discurso de clausura, os coros dos distintos coles deleitáronos coa súa interpretación de "Maio, maio" e "A saia 
da Carolina"



                                           Desfrutamos da actuación das Moreninhas






 Escoitamos á escritora Rita Morrigan, a cal está destacando no panorama nacional con   novelas románticas e personaxes femininos avanzados para a súa época.



Agradecemos a todos e todas os que nos acompañastes nesta semana, a tod@s os mestres e mestras o seu esforzo compartido, ás familias pola súa colaboración, e sobre todo, ás nenas e nenos pola súa ilusión!



miércoles, 9 de mayo de 2018

ACTO INAUGURAL

O pasado luns celebrouse a inauguración da exposición da Microrrede de bibliotecas escolares da Mariña, da cal formamos parte, e que, como xa sabedes, este ano leva por título "A Mariña pensando en feminino".

Alí expuxemos todos os traballos feitos en colaboración coas familias, e desfrutamos da actuación do coro de nenas e nenos, así como da cantante Guadi Galego, con performance de LAR.




Foi unha tarde moi divertida!


viernes, 4 de mayo de 2018

A MARIÑA, PENSANDO EN FEMININO

Este vindeiro luns 7 de maio terá lugar a inauguración do proxecto das 14 bibliotecas escolares que conforman a Microrrede da Mariña, que leva por título "A Mariña, pensando en feminino". Este proxecto estará cheo de actividades, actos e exposicións, onde se poderán ver as obras que os nenos e nenas elaboraron coas súas familias.

Estades tod@s convidad@s!


ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...