O 11 de febreiro é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, unha data moi presente nas actividades da nosa escola dentro do proxecto IGUÁLA-T. Polo que nas aulas escolleron mulleres cientifícas, investigadoras,... relevantes polo traballo que realizan e que mellora a vida de todas e todos nós, e case sempre dun xeito bastante anónimo e non recoñecido nos medios. Escollemolas, moitas delas, pola relación que teñen entre tecnoloxía e medicina.
Quixemos unirnos así a movementos sociais como GIRLS STEM ou NonMoreMatildas, xa que é necesario non silenciar máis o importante traballo das mulleres na ciencia ao longo da historia. Sin olvidarnos da necesaria revindicación para que os estados invirtan en ciencia, innovación e tecnoloxía ante o retos do mundo futuro.
Librín deixavos nesta presentación un bonito conto titulado ADA MAGNÍFICA CIENTÍFICA, que nos recorda aos adultos non deixar nunca de respetar e fomentar a curiosidade das nenas e tamén dos nenos.
E PARA DIVERTIRSE UN ANACO A SEGUINTE PROPOSTA LÚDICA.