jueves, 30 de enero de 2020

IMAXINA TODO O MUNDO VIVINDO EN PAZ


O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, pero a PAZ teremos que facela todos os días do ano. Para recordalo, partindo do conto "IMAGINE" de John Lennon, cada aula fixo un traballo plástico, que xa está na entrada do cole, para que cada día sexa un novo día pola:

             PAZ, TOLERANCIA, CONVIVENCIA, INCLUSIÓN E IGUALDADE

Tamén temos unha exposición de contos con esta temática e unha guía de lecturas para as familias, asemade os alumnos levaron unha chapa recordatorio desta celebración cun código QR para escoitar a canción na casa en familia.






martes, 28 de enero de 2020

FAMILIAS CONTACONTOS, CONTACONTOS FAMILIARES

Comenzamos o ano 2020 enchendo a biblioteca de ledicia. Algunha das nosas familias están a se convertir en contacontos  profesionais, mellorando cada vez que veñen a animarnos a contar, a ler a disfrutar dos contos.
Dende aquí os nosos parabéns e agradecementos polo seu traballo  ben feito, e o tempo regalado a todas as nenas e nenos desta escola.
Hai uns días trouxéronnos  a historia do "GALO TRAGANOCES" moi ben contado e como profesionais , que xa son, con todo tipo de "atrezzo", vestiario e ilusión.



ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...