sábado, 5 de septiembre de 2020

Moito ánimo desde DOMUS VI

 Lévanos varios anos colaborando con Domus Vi, sempre resultou moi fermoso o intercambio entre os avós e avoas e os nosos nenos e nenas. A colaboración e visita ao mercado solidario, os contos que nos traian cada Nadal e o Apalpador que  recollia as cartas,... unha morea de sentimentos marabillosos. Esperamos seguir colaborando ainda que non sexa presencialmente, sempre podemos artellar outros xeitos.

As avoas e avós, xa comezan esa colaboración, envíannos un vídeo de ánimo para o comezo deste novo e diferente curso, que queremos compartir con toda a nosa comunidade educativa.

 https://we.tl/t-tRDQvRDqSO


MOITAS GRAZAS!!!

SEGUIREMOS COMPARTINDO AINDA QUE AGORA SEXA ON LINE.


1 comentario:

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Outubro sempre é un mes moi especial para a biblioteca de Librín abrimos as portas para que tódalas familias desfruten de libros, xogos e ac...