viernes, 8 de mayo de 2020

AS LETRAS, GALEGAS !!!!

O longo desta semana, SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020 adicada a Ricardo Carbalho Calero, recordaremos a importancia e a sorte que temos de ter dúas linguas , unha delas a que lle podemos chamar lingua nai: O GALEGO , por iso imos celebralo como cada ano.
Asi que  ademáis das  actividades proposta na nosa web no apartado de Normalización e Dinamización Lingüística, nas que esperamos a vosa participación. Tamén  Librín quere agasallarvos con contos e curtas en galego, pero gustarialle que AS FAMILIAS (pais, nais, irmáns, nenas, nenos, avós, avoas,..) nos enviedes algún video coas vosas propostas:
contos, teatro, poesías, adiviñas, cantigas,...en galego e para compartir con todas e todos, animádevos!!!

 Remataremos a semana cunha sorpresa final de todas as metras e Pablo, que estamos a preparar paseniño.

A primeira proposta, o teatro de Mariña :





E librín deixavos:
COCORICO AXUDA




Tamén vos propoñemos:

Obradoiro de teatro infantil con Teatro dos Ghazafelhos


Nestes talleres, Pepablo Patiño e Montse Piñón ou, dito doutra maneira, Teatro Ghazafelhos, desenvolverán pílulas teatrais en formato de taller online. Nelas proporán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral e dirixidas a nenas e nenos a partir de 3 anos e persoas adultas acompañantes.


I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


3 comentarios:

  1. Grazas Librín por compartir este pequeno agasallo de Mariña, a nosa pequena artista! Plácido e Rocío.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Esperamos que siga compartido moitas cousas con nós.
    Bicos

    ResponderEliminar

ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...