lunes, 8 de junio de 2020

O NOSO OCÉANO É O NOSO FUTURO

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS cun lema importante neste 2020 "INNOVACIÓN PARA UN OCEÁNO SOSTENIBLE". É un día moi importante para lembrar que deles se desprende a maior parte do oxígeno que respiramos, fonte de menciñas e alimentos, un ecosistema que pode dar moitas solución para a humanidade, de feito algúns organismos das  profundidades estanse a utilizar agora mesmo para acelerar a detección do Covid-19.
Por todo isto e moitas cousas máis temos que ser cada día máis conscientes de coidar o noso mar, de traballar para que as nenas e nenos podan seguir disfrutando dos seus beneficios, o futuro e deles e nós debemos axudar para que sexa bó.
Nestes momentos teremos que ver onde tirar as "mascarillas e guantes", as latas, as botellas, ...non queremos un
 OCÉANO DE PLÁSTICO
Desde Voz Natura fixemos unha proposta as familias para celebrar o día de hoxe e aquí tedes o resultado, bravo familias!




Para rematar Librín tamén comparte:








No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTRETECER POLO 25 N

 A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación  é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...