Dentro do noso proxecto de innovación e mellora do éxito educativo da Consellería de Educación, EDUEMOCIONA, temos como obxectivo prioritario axudar ao noso alumnado na mellora da intelixencia emocional, recoñecendo as emocións en nós e nos que nos acompañan cada día. Por iso Librín deixanos un fermoso conto:
O MONSTRO DE CORES
A PARTIR DESTE CONTO NAS AULAS FAREMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PERO É IMPORTANTE QUE NA CASA SIGADES ESTE CAMIÑO.
TODOS SENTIMOS EMOCIÓNS polo que queremos dar algunhas suxerencias:
-Verbalicemos o que sentimos e poñámoslle nome, todas as emocións, positivas e negativas, son necesarias e nos axudan.
-Falemos de como nos sentimos en determinados momentos e situacións.
-Animemos as nenas e os nenos , e nós mesmos, a expresar como nos sentimos pero tamén que causa esa emoción e como a manifestamos.
-Busquemos solucións cando as emocións nos desbordan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario