Verdecontos era diferente. Cando chegaba polos corredores da escola non sabiamos moi ben cal era a súa cor, pero a medida que se achegaba a nós, entrando na aula daquel xeito tan especial, nada parecido ás persoas, podíamos comprobar que traía todos os verdes e algún que outro azul. Era distint@, divertid@, sempre estaba de bo humor, cantando e brincando todo o tempo… que como o sabíamos?? Porque as súas cores brillaban moi forte, tanto que case tiñamos que pechar os ollos, igual que cando vai moito sol.
"A lingua escrita non atopou aínda ningún camiño máis atractivo, máxico e cheo de cor como os libros de contos", Gianni Rodari
martes, 5 de octubre de 2021
PALABRAS
Comezamos de novo e seguindo o lema da Asesoría para este curso " A biblioteca escolar ten a palabra" a nosa biblioteca de Librín énchese de palabras, palabras máxicas, especiales, novas, felices, verdes,....PALABRAS PARA MELLORAR O MUNDO. Baixo este título temos unha morea de proxectos de innovación cos que pretendemos axudar ás familias na creación de hábitos de vida saudable física e mental, traballando o respeto pola igualdade e a diversidade e a concienciación do coidado do medio natural e cultural que nos rodea, sempre xogando e divertíndonos como a mellor metodoloxía para aprender, utilizando sempre a palabra como unha das nosas fortalezas.
Comenzamos coas palabras que nos levanron a imaxinar e debuxar un amigo de Librín que nos traerá moitas sorpresas chamado VERDECONTOS SALVATERRA
Verdecontos era diferente, moi , moi diferente. O que máis lle gustaba era contar contos, por iso era moi amigo de Librín. Pero non calqueira conto, só aqueles que nos falaban da natureza,, dos seres vivos, das árbores, da auga, das plantas… e diso nós non sabemos nada, ou sí??
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ENTRETECER POLO 25 N
A coeducación, a educación en igualdade sen discrminación é a mellor forma de mellorar a sociedade e de prevenir a violencia por razón de ...
-
O 11 de febreiro é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, unha data moi presente nas actividades da nosa escola dentro do...
-
Polo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA dende a biblioteca, un curso máis, tentamos achegar a curiosidade científica a través...
-
Neste Nadal o equipo docente escolleu uns contos e xogos que vos queremos recomendar e que poden ser un bó agasallo nestas festas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario