Traballamos a PAZ no día a día e celebrámola especialmente o 30 de xaneiro DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Este ano realizamos un traballo colaborativo, entre todas as aulas elaboramos unha pomba moi especial, baixo o lema A PAZ SEN FRONTEIRAS, nos cantares, na palabra feita poesía.
A PAZ SEN FRONTEIRAS dando o noso apoio as TANXUGUEIRAS xa que a súa canción fala de eliminación das fronteiras imaxinadas, todos somos seres humanos que habitamos a mesma Terra.A PAZ sen fronteiras a través da palabra feita poesia, escollidas por cada grupo clase e recitadas para toda a nosa comunidade educativa.
A PAZ sen fronteiras cantando, bailando, experimentando, creando potentes imaxes,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario