Outubro é un mes onde escribimos moita historia da nosa biblioteca e aínda que o espazo está en proceso de cambio as actividades foron moitas e moi intensas:
1º-celebramos o día das escritoras traballando sobre a temática da Asesoría de Bibliotecas as palabras de Paula Carbelleira , un mural e algunha maquina de escribir.
2º-celebramos o aniversario de noso Librín cun fermoso marcapáxinas para difundir o blog da nosa biblioteca entre a Comunidade .
3º-recibimos a visita da escritora e ilustradora Estefanía Padullés que nos contou o seu conto "Leopoldo, o pequeno monstro", unindo así estas celebracións coa festa que máis lle gusta a Librín, o Samaín.
4º-un Samáin cheo de monstros coa colaboración das familias que fixeron uns arrepiantes monstros para a nosa exposición, chea tamén de recomendacións lectoras para axudar a vencer o medo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario