miércoles, 27 de enero de 2021

COSENDO ESTRELAS POLA PAZ NO CAMIÑO DO MAR

A nosa andaina quere ser un camiño da paz cada día, pero neste camiñar sempre celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON  VIOLENCIA.



Dentro do noso proxecto "VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É " a andaina levanos polo CAMIÑO DO MAR neste Xacobeo 2021-22  que está cheo de ESTRELAS, por iso quixemos facer, dentro da nosa BIBLIOTECA CREATIVA, un obradoiro de costura, cosendo estrelas cheas de palabras fermosas, de tolerancia, de amor e de PAZ, como as que bordaba o rei do conto que nos deixou Librín para festexar este día.
 



 O REI QUE BORDABA ESTRELAS







E para divertirse un anaco os seguintes xogos :



Xunto coa celebración da Paz o día 30 de xaneiro recordamos tamén o DÍA DA ILUSTRACIÓN  e para celebralo as nenas e nenos de 6º ilustraron o conto que Librín deixou na CITA A CEGAS:





O noso mouchiño tamén quere compartir a canción sobre o camiño coa que nos agasallou o papá de Irati , esperamos que vos guste.




 

lunes, 25 de enero de 2021

SEGUIMOS CAMIÑANDO CARA A PAZ

 Seguimos camiñando cara a PAZ por camiños de terra e tamén polo CAMIÑO DO MAR.

A mestra Genma inventou cos nenos da súa aula burbulla unha fermosa canción que todas e todos cantaremos polo DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. E como o noso sempre é un traballo en equipo a mestra Chus fixo un fermoso vídeo con pictogramas.

TODOS QUEREMOS  PAZ



viernes, 22 de enero de 2021

Camiñando cara a PAZ

 Como cada ano achegase unha celebración especial o día 30 de xaneiro, celebramos e recordamos, pero a realidade é que ada día debemos esforzarnos por percorrer camiños de PAZ, de empatía, de encontro, de axuda e entendemento e sobretodo ir monstrandollo as nenas e aos nenos para que fagan unha sociedade cada vez mellor.

É polo que  LIBRÍN deixounos unha CITA A CEGAS cun conto, non sabemos o título, non sabemos o final. Sodes vós os que  podedes inventar:

1º- UN TÍTULO

         2º- UN NOVO FINAL


Coma sempre as respostas en comentarios pinchando no lapis, XA SABEDES QUE LIBRÍN LEE TODO.

E aquí vai unha proposta lúdica:


lunes, 11 de enero de 2021

CAMIÑO DE NOVAS XEOGRAFÍAS LECTORAS

 Continuamos a nosa andaina neste novo ano con  forzas renovadas e novas ilusións. E así Librín deixouno unha nova sinalización marcando o camiño á  biblioteca ( con carteis que recibimos da Asesoria), e como non pode ser doutra maneira  tamén  cun pequeno conto que espera vos guste.







HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS


SAMAÍN, MEDO AS ARAÑAS

 Vimos de celebrar o Samaín cunha morea de actividades que teñe como telón de fondo unha das máis importantes emocións que sentimos O MEDO. ...