domingo, 19 de mayo de 2024

LETRAS E FLORES

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS  fixemos unha morea de actividades que se extederán nas vindeiras semanas cunha xornada especial de libros e música tradicional galega e coa celebración dos Maios da Mariña xunto cos centros veciños.

Nas aulas actividades co libro sobre LUISA VILLALTA dos Bolechas, a canción da banda Loba e as propostas





Asemade visitamos a Biblioteca pública onde falamos da homenaxeada e tamén da Rosalía de Castro e entregaron os traballos para participar no " Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2024".







domingo, 12 de mayo de 2024

RÚA DA MIRORREDE, A MARIÑA HOMENAXEA A IBAÑEZ

 Un curso máis a nosa escola participou nos traballos colaborativos xunto cos 20 centro que formamos a Microrrede da Mariña, este curso elaboramos a portada creando as personaxes principais dun comic colaborativo que foi rulando por cada centro. Para a exposición conxunta celebrada en Viveiro do 7 ao 10 de maio elaboramos a portería da Rúa da Microrrede, un pequeno homenaxe a Ibañez das bibliotecas Plambe desta zona.






No seguinte enlace podedes ver a tira do comic

https://www.calameo.com/read/0062825468ce687850e7d?view=slide&page=1

A exposición no blog da Microrrede

https://microrredeamarina.blogspot.com/2024/05/as-bibliotecas-homenaxean-francisco.html

https://microrredeamarina.blogspot.com/2024/05/inauguracion-da-exposicion-13-rue-da.html




TEATRO...DE SOMBRAS!!!, NUN MONTE?

 O  DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  é o Día do Aniversario de Librín por iso a nosa biblioteca este ano ábrese ao teatro, e para festexar que...