lunes, 31 de octubre de 2022

ESCRIBINDO OUTUBRO NA BB: DÍA DAS ESCRITORAS, DÍA DAS BIBLIOTECAS E SAMAÍN

 Outubro é un mes onde escribimos moita historia da nosa biblioteca e aínda que o espazo está en proceso de cambio as actividades foron moitas e moi intensas:

1º-celebramos o día das escritoras traballando sobre a temática da Asesoría de Bibliotecas  as palabras de Paula Carbelleira , un mural e algunha maquina de escribir.

2º-celebramos o aniversario de noso Librín cun fermoso marcapáxinas para difundir o blog da nosa biblioteca entre a Comunidade .

3º-recibimos a visita da escritora e ilustradora Estefanía Padullés que nos contou o seu conto "Leopoldo, o pequeno monstro", unindo así estas celebracións coa festa que máis lle gusta a Librín, o Samaín.

4º-un Samáin cheo de monstros coa colaboración das familias que fixeron uns arrepiantes monstros para a nosa exposición, chea tamén de recomendacións lectoras para axudar a vencer o medo.






  














viernes, 21 de octubre de 2022

INCLÚE-T

 Un curso máis vimos de participar na proposta de SUPERARTE do Concello en colaboración coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, a edición deste ano dedicada a sensibilización e concienciación das enfermidades raras supuxo unha sesión de contacontos ben interesante e sinxela para o noso alumnado.




A historia de Federico un trevo de catro follas que se sinte diferente pero que o sabio dos trevos lle axuda a ver que hai máis coma él e que todos xuntos somos mellores.




miércoles, 5 de octubre de 2022

RE-ESCRIBIR UNHA NOVA BIBLIOTECA

O lema ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR é o escollido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería para este curso, a nosa biblioteca no só se vai encher de novas escrituras  se non que tamén imos re-escribila, estamos a facer unha transformación completa de como entender o espazo, no noso caso, os espazos espallados da nosa benquerida biblioteca, dándolle un sentido lúdico, de exploracións múltiples, de creación, de aprendizaxes multifucionales, de busqueda de información con sentido crítico, de igualdad, de inclusión, de aprendizaxe cooperativo,...



Este curso unha nova biblioteca dará a oportunidade de encher a nosa comunidade educativa de ilusións e tamén de preescribir, ao noso xeito, historias para que as lectoras e os lectores den vida aos libros. Utilizaremos tamén os libros-xogo a partir dos cales podemos escribir as nosas propias historias, as tertulias dialogadas para facer fantásticos descubrimentos e moitas, moitas novas propostas. 


TEATRO...DE SOMBRAS!!!, NUN MONTE?

 O  DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  é o Día do Aniversario de Librín por iso a nosa biblioteca este ano ábrese ao teatro, e para festexar que...