O Día do Libro Infantil celebrase o 2 de abril, non é moitas das veces un día lectivo, para nos é un día moi especial e festexámolo durante todo o mes, xa que todo o mes é o mes dos libros. Por iso disfrutaremos de moitas lecturas e actividades especiáis.
Unha delas foi unha actuación de monicreques, por fin na nova biblioteca, representando o conto preferido de todas e todos nós :
COCORICO
E para rematar merendamos un rico biscoito que nos trouxeron de parte da mamá de Cocorico, aínda que esta vez axudaronlle a facelo tanto o poliño como o gato pelado, que se fixo bo ao comer ese biscoito tan rico.
Nós xuntamos o lema de cada unha destas celebración nun marcapáxinas que levarán para marcar os seus libros na casa:
AS HISTORIAS DAN ÁS QUE NOS AXUDAN A REMONTAR O VOO CADA DÍA PARA TER UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA.
Librín deixa un conto que fala da importancia de ser nós mesmos, de querernos tal como somos, de respetar as diferenzas, a diversidade e deixar voas as ás dos paxaros que temos na cabeza.
Recordade que os contos son a nosa mellor ferramenta, a nosa fortaleza, contar contos sempre resulta maravilloso para as metras e os mestres e para o alumnado. Pero tamén para vós as nais e os pais que sodes uns estupendos contadores de historias. Nesta data e neste mes dos libros queremos animarvos a contar historias cada día aos voso fillos e fillas, é o momento de facelo, eles non o esquecerán.
-Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que ten por lema: Podo aprender. Podo traballar = por unha educación de calidade que facilite a imcorporación ao mercado laboral ( neste enlace podedes atopar mans troqueladas como proposta para visibilizar este día )
Para este día tan especial para a nosa escola Librín quere deixarvos este conto, disfrutadeo moito:
No día 2 de abril coinciden oDIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e o DÍA MUNDIALDA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO por isto é una data moi importante para Librín e para a nosa biblioteca, pode que a máis importante do ano. Asi que deixámosvos algunha proposta por si vos animades.
A mensaxe deste ano fala de FAME DE PALABRAS, e temos fame de palabras fermosas, tan fermosas como as flores que aparecen nas árbores nestes días de primavera, asi que Librín propovos:
-participar dende a casa no concurso GALIX , da Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil, "UN POEMA NA TÚA VOZ" ( unha magoa pero é só para os que xa tedes 6 anos, remata o 10 d abril).
- estamos a facer unha colección de palabras fermosas, asi que mandádenos un video cheo de PALABRAS FERMOSAS, PALABRAS ALEGRES, DIVERTIDAS, ROSAS,... ao enderezo:
familiassanroque@gmail.com
O conto que queremos compartir para este día tan especial é dun moi amigo noso, O MONSTRO DE CORES, que nos fala dese bicho malo ó que imos espantar para volver a estar todos xuntos.
- Como actividade propoñemos facer un bicho, un coronavirus.Usade a vosa imaxinación e os materias que atopedes pola casa, aquí vos deixo o que fixo Librín despois de escoitar o conto.
Outros contos que recomendamos para estos días:
A ÁRBORE XENEROSA, ORELLAS DE BOLBORETA, NADARÍN- edit. Kalandraka
o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, desenvolve unha campaña de concienciación que pon o foco en dúas áreas fundamentais para a inclusión e mejora da calidade de vida do colectivo TEA: a educación e o emprego. Por iso é polo que se elixiu como lema “Podo aprender. Podo traballar” e, como imaxe da campaña, varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. Ademais, a imaxe preséntase en cinco cores diferentes, reflectindo así a diversidade existente dentro do espectro do autismo.
Queremos sumarnos a esta inicitiva; para o que vos propoñemos a seguinte proposta: que os nenos e nenas escollan unha ferramenta ou utensilio que lles guste moito facer traballos ou que lles saia moi ben, e que o sosteñan coa súa man. Mandádenos a foto (só da man na que se vexa o utensilio ou ferramenta) para poder completar así o seguinte vídeo que vos presentamos coas nosas propostas .Esperamos que vos guste