miércoles, 23 de febrero de 2022

Palabras na lingua materna, palabras de Rosalía

 Estés días estamos a falar da nosa lingua materna e as  fermosas e agarimosas palabras que contén,  que tamén son as  que empregou  ROSALIA DE CASTRO , a que recordamos hoxe no día do seu aniversario.












Librín recomenda un libro de poemas musicados:





jueves, 10 de febrero de 2022

CONTACIENTÍFICAS

Para visibilizar a importancia das mulleres silenciadas na ciencia  no ano 2015 foi proclamado pola ONU  o día 11 de febreiro como DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo de lograr o acceso e a particicipación plena das mulleres e das nenas no eido da ciencia. Contribuindo así mesmo ao desenvolvemento económico e ao progreso de todos os obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento sostible.



Así un ano máis vimos de investigar sobre mulleres científicas, este curso investigadoras no eido das ciencias da Saúde e con descubrimentos que teñen repercusión no benestar xeral das persoas. Queremos no só dar a coñecer científicas se non tamén potenciar a curiosidade e o plantexamento de moitas preguntas, tal e como elas fan. Este é o resultado das investigadoras elexidas:



Tamén o alumnado de 6º quixo compartir a adaptación do conto escrito por @agdagira dentro da proposta  11 de FEBRERO de persoas do ambito científico.  

CONTACIENTÍFICAS


A partir do conto Librín, dentro da actividade ANALIZANDO CONTOS E CURTAS, deixa unhas reflexións e unhas preguntas  para toda a comunidade educativa, podedes contestar as que queirades no apartado comentarios ( pinchado abaixo no lapis ) :

REFLEXIÓNS:

A raiña preguntoulle a científica:
- Como é que viñeches camiñando soiña no medio desta treboada?.
A científica díxolle a raiña:
-Acaso o principe deu a volta ao mundo acompañado?.

PREGUNTAS DE LIBRÍN:

1º-Coñeces algunha científica ou algunha nena que queira ser científica?.
2º-Cantas científicas podes contar?.
3º-Cambiarias algún dos contos que coñeces para que a protagonista fose unha científica?.
4º-Cal crees ti que é o superpoder das científicas?.

E agora atrevédevos a CONTAR CIENTÍFICAS¡¡¡¡
                                                          



     Recomendacións lectoras e de ocio:



VOSOUTRAS PODEDES SER AS PRÓXIMAS NENAS QUE CAMBIEN O MUNDO¡¡¡

lunes, 7 de febrero de 2022

ESTIVEMOS NAS XORNADAS DE BIBLIOTECA CREATIVA

 




Onte tivemos as Xornadas de Bibliotecas Creativas organizadas polo Asesoría de Bibliiotecas Escolares xunto co CAFI, en Santiago de Compostela.
Aprendemos unha chea de cousas e aportáronnos moitas ideas para realizar actividades  das que o noso alumnado vai disfrutar moitísimo.
Con ansias de empezar xa.

sábado, 5 de febrero de 2022

ANALIZANDO CONTOS E CURTAS

Dentro desta actividade para falar e reflexionar en familia deixamos un conto que fala da necesidade de traballar pola convivencia pacífica, respetando aos outros, a diversidade, as diferencias e polo tanto derribando fonteiras, muros e perxuizos.

O  MURO



Librín deixavos unhas preguntas que podedes contestar pinchando abaixo no lapis:

1º- Por que os elefantes de orellas pequenas e os elefantes de orellas grandes comezaron a pelexar?

2º-Está ben feito o que fan os  elefantes de orellas pequenas?

3º-Que lles pasa cando chegan as choivas?.Poden resolver o problema sen axuda?

4º-Igual que os elefantes necesitamos aos demais para vivir?, Por que?


PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...