sábado, 27 de febrero de 2021

MOITO QUE CONTAR NA AVENTURA DE OIR

 Comenzamos o mes de marzo cunha nova actividade na HORA DE LER , unha aventura promovida polo equipo da biblioteca, dentro de cada aula. Dará comenzo cun pequeno ritual marcado polos sons dunha campanilla e unhas palabras máxicas que se escoitarán a vez en todo o centro. `

Pretedemos recuperar a forza da palabra-voz, o arte de contar contos e o pracer de escoitalos, eses contos de tradición oral sin apoio do libro de contos, que axundan a memoria, a imaxinación, aos afectos e ó descubrimento das emocións.



              
                   
 


sábado, 20 de febrero de 2021

TOPÁMONOS CON ROSALÍA NO CAMIÑO

 Para celebrar e recordar o DÍA DA LINGUA MATERNA ( 21 de febreiro ) e o DÍA DE ROSALÍA (24 de febreiro) que mellor que aprender e recitar poemas de Rosalía na nosa lingua nai participando na convocatoria do Concello "Voces para Rosalía"



                                                                                                




martes, 16 de febrero de 2021

NO CAMIÑO DAS EMOCIÓNS: O AMOR

Dentro do  proxecto EDUEMOCIONA tentamos de axudar as nenas e aos nenos no camiño da identificación das emocións propias e alleas, en colaboración co proxecto da Fundación Meniños.  E polo que durante este mes recordamos unha das mellores emocións que temos os seres humanos :
O AMOR. No momento actual resulta máis importante que nunca ser capaz de identificar e exteriorizar o que sentimos para poder empatizar co que sinten os demais.
 Na biblioteca atopamos unha morea de contos non só de amor romántico, nos  tradicionais,  se non tamén  do amor por un mesmo, base do amor cara aos demais, ou de todo tipo de amor.

 Asemade  LIBRÍN tamén que compartir un marabilloso conto que nos fixo chegar unha alumna, MARIÑA, que espera que vos guste moito. 
Todos os que queirades mandarnos un conto, gravado do mesmo xeito , estaremos encantados de publicalo para compartir con toda a comunidade educativa.



Como o amor as tradicións tamén resulta fundamental na formación da identidade  persoal e social compartimos vídeos sobre os personaxes do ENTROIDO tradicional galego e sobre O ENTERRO DA SARDIÑA NA EEI SAN ROQUE



                                                                             


jueves, 11 de febrero de 2021

CAMIÑANDO CARA A IGUALDADE NA CIENCIA

 O 11  de febreiro é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A  NENA NA CIENCIA,  unha data moi presente nas actividades da nosa escola  dentro do proxecto IGUÁLA-T. Polo que nas aulas escolleron mulleres cientifícas, investigadoras,...  relevantes polo traballo que realizan e que mellora a vida de todas e todos nós, e case sempre dun xeito bastante anónimo e non recoñecido nos medios. Escollemolas, moitas delas, pola relación que teñen entre tecnoloxía e medicina. 

 

Quixemos unirnos así a movementos sociais como GIRLS STEM ou NonMoreMatildas, xa que é necesario non silenciar máis o importante traballo das mulleres na ciencia ao longo da historia. Sin olvidarnos da necesaria revindicación para que os estados invirtan en ciencia, innovación e tecnoloxía ante o retos do mundo futuro.

Librín deixavos  nesta presentación un bonito conto titulado ADA MAGNÍFICA CIENTÍFICA,  que nos recorda aos adultos non deixar nunca de respetar e fomentar a curiosidade das nenas e tamén dos nenos.

 
 
E PARA DIVERTIRSE UN ANACO A SEGUINTE PROPOSTA LÚDICA.

TECENDO INCLUSIÓN

 A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta dat...