martes, 19 de marzo de 2024

CÓMIC, ISO QUE É?

 Ler cómic dende a biblioteca de Librín ofrece moitas posibilidades, ler imaxes é unha constante en Infantil, por iso este día resulta especial. Así hoxe a visita a biblioteca estivo chea de sorpresas, xa sabiamos cousiñas dos contos cheos de viñetas e bocadillos e agora gozamos de lecturas compartidas de cómic, novos contos na nosa bilioteca. Que tamén estarán dispoñibles para ler en familia e levar prestados.

A volta de vacacións, coa colaboración das familias, o noso cole encherase de lembranzas da nenez das nosas mamás e dos papás e de comic de onte e de hoxe.







sábado, 9 de marzo de 2024

8 M, UNHA DATA NECESARIA

 Hoxe, mañá e sempre, como dín as Tanxugueiras, polas nais, polas fillas,...polas mulleres todas necesitamos seguir recordando a importancia de traballar por unha sociedade en igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. Por iso dende a biblioteca seleccionamos contos que se contaron nas aulas, cantamos cancións, fixemos pulseras coa cor revindicativa  e o alumnado de 6º representou o conto "ÉRASE DÚAS VECES A RATIÑA FACHENDOSA".








Para completar esta data a vindeira semana teremos con nós a Marisa Irimia



LIBROS, COMIC, diversión asegurada.

 No DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...