jueves, 28 de abril de 2022

ASOMAN AS PALABRAS NO MES DOS LIBROS

 Estas semanas estiveron cheas de libros, de contos, de actividades que sairon da biblioteca para celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, para celebrar o MES DOS LIBROS.

miércoles, 20 de abril de 2022

CONTOS EN PALABRAS

 Abril é o mes dos libros e o noso mouchiño está moi ledo, por iso deixanos unha das actividades do Programa LECTURA E FAMILIAS. Con esta actividade Librín quere saber cantos contos coñecedes, veremos quen adiviña tódolos titulos dos contos coas pistas que aparecen no seguinte vídeo.

CONTOS EN PALABRAS: Deixade os títulos no apartado de comentarios, veremos que os adiviña todos¡¡
























Aquí tedes algunha pista entre todas esas palabras.

domingo, 3 de abril de 2022

AS HISTORIAS SON ÁS

 O 2 de abril é unha data moi especial para nós por dúas razóns especiais celebramos: 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Nós xuntamos o lema de cada unha destas celebración nun marcapáxinas que levarán para marcar os seus libros na casa: 

AS HISTORIAS DAN ÁS QUE NOS AXUDAN A REMONTAR O VOO CADA DÍA PARA TER UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA.

Librín deixa un conto que fala da importancia de ser nós mesmos, de querernos tal como somos, de respetar as diferenzas, a diversidade e deixar voas as ás dos paxaros que temos na cabeza.



Recordade que os contos son a nosa mellor ferramenta, a nosa fortaleza, contar contos sempre resulta maravilloso para as metras e os mestres e para o alumnado. Pero tamén para vós as nais e os pais que sodes uns estupendos contadores de historias. Nesta data e neste mes dos libros queremos animarvos a  contar historias cada día aos voso fillos e fillas, é o momento de facelo, eles non o esquecerán. 





CÓMIC, ISO QUE É?

 Ler cómic dende a biblioteca de Librín ofrece moitas posibilidades, ler imaxes é unha constante en Infantil, por iso este día resulta espec...