Ola a tod@s!
Como xa sabedes, hoxe celebramos o Día do Libro acudindo ao teatro Pastor Díaz para a desfrutar da representación do conto "Iriña bailarina" (dispoñible na nosa biblioteca) da man da compañía Teatro dos Ghazafelhos. Foi divertidísima, rimos a carcaxadas e compartimos a experiencia cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Pedrosa Latas e do CEP Lois Tobío.
Ademáis, hoxe levaron para casa un marcapáxinas moi fermoso pola Igualdade, unha actividade dentro do Contrato-Programa "Iguais por dentro e por fóra"
E como tamén sabedes, o venres celebramos no cole o día da literatura infantil cunha obra teatro de monicreques. O conto que representamos foi "Érase dúas veces os tres porquiños", o clásico contado desde outra perspectiva, educando a prol da igualdade. Unha actividade incluída tamén dentro do Contrato-Programa Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade.
O conto está dispoñible na nosa biblioteca de Librín.
Os nenos e nenas e as mestras e mestre pasámolo de marabilla!!
"Un nen@ que le,é un nen@ que pensa"
"Un nen@ que le,é un nen@ que pensa"
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvtd9JodUzQ4qkN05VmiScJJM9AsscEhaAI5ZKMrkW8h-2yBe6QojVHXiedUYt0gjZlTVrOBOZl56IVgR0fw9v8qLhH4ul6Jk9c4M2e9s_WJM7f1AfWWf4anwxMNqcuCE3gTg8ip8HqyI/s320/j.jpg)