martes, 23 de mayo de 2023

CROMA

No apartado de audiovisuais o alumnado de 5º traballou na grabación de dous videos sobre dúas das figuras vinculadas as LETRAS GALEGAS, Rosalía de Castro e Francisco Fernández del Riego. 

Tiveron varias tarefas, ademáis de protagonistas, aprenderon pequenos textos coa axuda das súas familias, foron directores, axudantes de cámara, ....

E aquí temos o resultado final:







sábado, 20 de mayo de 2023

XOGANDO RECUPERAMOS A CULTURA

 Maio é o mes das LETRAS GALEGAS adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, nós festexámolo por todo o alto cunha morea de actividades ben interesantes, que nos axudaron a coñecer o autor a través dos xogos e xoguetes tradicionais, coa axuda dos libros cos que nos agasallou o seu autor  José Manuel García Fernández (no día da inaguración da nova biblioteca, día no que tivemos a sorte de ver e xogar con algúns de eses xoguetes), él  é o percursor da exposición DON PACO, O PÍCARO ARGALLEIRO aberta en Lourenzá dende o mes de abril.



Asemade tivemos unha semana onde os avós viñeron ao cole ensinarnos a xogar como facian eles de pequenos, aprendimos xogos esquecidos ben interesantes. Para rematar a semana tivemos unha festa con nosos avós e avoas con música tradicional galega a cargo do grupo ILLA PANCHA, disfrutamos e bailamos muiñeiras ao ritmo da gaita e o pandeiro.

Tamén coñecimos o folklore e as nosas tradicións coa colaboración especial da Asociación Cultural Bágoas da Terra que nos visitou para mostrarnos as partes do traxe tradicional galego de festa e agasallounos cunhas "mariquitas" para que as nenas e nenos as podan vestir.


As familias tamén poden, durante todo este mes, facerse unha foto no noso "foto cool" na entrada do centro. A través do noso conto favorito promocionamos o uso do galego
Xa para rematar estas dúas semanas tan intensas visitamos a exposición "EXALTACIÓN DO TRAXE GALEGO" promovida por Bágoas da Terra en colaboración co Concello de Viveiro para ver diferentes tipos de indumentaria.





domingo, 14 de mayo de 2023

ESCRIBIRARTE NA MARIÑA

 Un ano máis a exposición dos traballos dos centros que formamos a Microrrede da Mariña foi todo un éxito, non só polo público visitante, polas actividades dinamizadoras, a repercusión social na prensa, nas  bibliotecas se non tamén por inocular entre as  comunidades educativas a necesidade de traballar en colaboración e cooperación para mellorar a sociedade.

A nosa aportación foi un cadro coa parte artística feita polo alumnado e despois en familia o remataron  coas palabras agarimosas e os alcumes familiares que forman os camiños diarios das súas vidas.

Sen non poidestes disfrutar da exposición podedes ver todo o que alí aconteceu no  blog a Microrrede

MICRORREDE DA MARIÑA ( pinchade aquí)

Este curso o noso centro participou nas actividades dinamizadoras coa representación de títeres dun dos contos que máis éxito ten entre o alumnado máis novo. Foi todo un éxito de público e un orgullo de compañeiras que o fixeron marabillosamente ben.








miércoles, 10 de mayo de 2023

MAXIA

 O alumnado de 6º representou para todas as compañeiras e compañeiros do cole o conto MAXIA, pero tamén fixeron un espectáculo de maxia de verdade . Deixáronnos abraiados !!!














EXPOSICIÓN, CONTACONTOS, MARCAPÁXINAS DE COMIC E RECOMENDACIÓNS

 No DÍA NO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR o noso centro encheuse de actividades:  -EXPOSICIÓN DOS COMICS DAS FAMILIAS, os que lian os nosos p...