miércoles, 28 de octubre de 2026

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Outubro sempre é un mes moi especial para a biblioteca de Librín abrimos as portas para que tódalas familias desfruten de libros, xogos e actividades, comezan a saír as casas as mochilas viaxeiras e o convite para participar na actividade "ESCOITAMOS COMO LES", celebramos o Día das escritoras amigas e como non o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Este curso quixemos que para celebralo o noso alumnado saira a coñecer a Biblioteca Pública do Concello, da que se fixeron socios, recibiron o carnet e fixeron o seu primeiro préstamo e cun contacontos en inglés.













 


miércoles, 21 de octubre de 2026

OUTUBRO, ESCRITORAS AMIGAS

 Comezamos un mes importante para a biblioteca de Librín, a bilioteca enchese de familias e de movemento, saen as mochilas viaxeiras e comezan moitas das actividades arredor dos libros. 

Unha das celebracións é o DÍA DAS ESCRITORAS 

Inspirándonos no lema deste ano decidimos contar contos das nosas escritoras galegas preferidas: Eva Mejuro, Charo Pita, Marisa Nuñez...


   



 



jueves, 18 de junio de 2026

GUÍAS DE LECTURA PARA OLLAR E PALPAR

 Librín desexa un bo verán a toda a nosa comunidade educativa e a todas e todos os seguidores deste blog. Espera que gusten moito as lectura que recomenda.

 Este curso decidimos realizar trípticos en papel para ollar e palpar e asegurarnos de que chegan realmente a tódalas familias, seguro que moitos destes libros os atoparedes na biblioteca pública do Concello, non deixedes de visitala.


Contos para o alumnado de 4º 

                                  Para as nenas e os nenos de 5º 

Contos para acompañar ao noso alumnado que marcha a Primaria 


Para tódalas familias recomendamos este libro sinxelo e fácil de ler cunha potente mensaxe, un libro que nos recomendou unha das relatora do Programa Lectura e Familias.
O equipo da biblioteca esperamos que disfrutedes moito da lectura deste libro e tamén dos contos xunto cos vosos fillos e as vosas fillas

BO VERÁN

lunes, 27 de abril de 2026

ABRIL, ABRIL LECTURAS MIL

 Abril é o mes dos libros na biblioteca de Librín, aínda que os contos e os libros da nosa biblioteca viven todo o curso como no mes de abril. Pero este non deixa de ser un mes moi, moi especial e polo que comenzamos celebrando o Día do Libro Infantil cun contacontos en inglés, cos feos dos contos que tamén son divertidos, así as mestras Mariana e Tania contaron a historia do GRÚFALO.



Tamén tivemos un obradoiro de animación a lectura " A casa da Letras" con Electra de Pedras de Papel
Polo día do Libro e dos Dereitos de autor tivemos un contacontos moi, moi especial cos usuarios do Centro de Día Alzhéimer da Cruz Vermella, que nos contaron dous contos moi fermosos
E para celebrar un día tan especial e recordar que a lectura dos contos tamén é escoita activa e desenvolvemento do noso maxín fixemos a lectura da proposta chegada dende a Asesoría, unha lectura que levou consigo un debuxo colectivo dentro do traballo do programa PLANEA.
    


Na entrada ao escola Librín , deixounos como sempre, novidades lectoras ben interesantes

lunes, 23 de marzo de 2026

ENQUISA DE AVALIACIÓN DA LECTURA E DA ESCRITURA EN INFANTIL

Estamos a elaborar o Plan de Lectura, Escritura e Acceso a Información para o cal pedimos a vosa colaboración contestando a este cuestionario en compañia da vosa filla ou fillo, monstrándolle os pictogramas da enquisa e axudándolles a comprender as preguntas, logo marcade en cada unha o número que pensades se achega a súa resposta.
Agradecemos enormenente a vosa colaboración, moitas gracias. 
Recordade, unha vez cuberto, darlle a enviar no recadro azul que aparece ao final.


martes, 16 de diciembre de 2025

CANDO É NADAL


 Este Nadal celebramos compartir e agasallar amor e solidaridade, por iso realizamos obradoiros de adornos e un calendario ben fermoso para donar ao Mercado Solidario que organiza a Residencia Domus Vi cada ano, tamén participamos coas nosas aportacións na visita a ese mercado.

A nosa escola encheuse de adornos especiais, un Calendario Literario de Advento co que nos agasallou a ANPA, unha árbore de Nadal feita con libros, Papá Noel a fuga e un recuncho para facer unha foto de recordo do Nadal 2025.
               
         
                         



Librín desexavos un BO NADAL e un VENTUREIRO ANO NOVO e deixavos  recomendacións lectoras para estas vacacións, os libros do  calendario de advento , para que o noso alumnado volva a escoitar esas fermosas historia unha e outra vez.




DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Outubro sempre é un mes moi especial para a biblioteca de Librín abrimos as portas para que tódalas familias desfruten de libros, xogos e ac...