jueves, 13 de junio de 2024

PARA UN VERÁN DIFERENTE

 Remata o curso, un curso cheo de diversión e de propostas moi interesantes para todos. Un curso cheo de libros de historias de conto e de contacontos. E como non podia ser doutro xeito remataremos cunha contacontos moi especial, Celia Díaz Nuñez ,e a súa fermsa historia VELAÍ VAI O PAPAVENTOS.

 

Librín, como cada curso, deixavos unhas recomendacións para un verán diferente.




BO VERÁN
DESFRUTADE MOITO DOS XOGOS, DAS LECTURAS, DA PRAIA, DO CAMPO, DO DEPORTE E DAS FESTAS.


domingo, 2 de junio de 2024

FLORES E LETRAS

 Moitas actividades no mes das Letras Galegas e dos maios. Nun mes onde a primavera está no seu máximo esplendor nós celebramos, con bo ou con mal tempo, unha escola aberta por diversión.

Celebramos as letras galegas cun motón de actividades, con música tradicional galega coa asociación floklórica Os do Vinteún, coas marabillosas voces do coro CEP Lois Tobío e cun obradoiro de chapas.

Celebramos os MAIOS DA MARIÑA elaborando un mural ao xeito da pintora EVA ARMISÉN inspirandonos no seu cadro ALEGRÍA. E participamos na festa celebrada na praza maior xunto cos centros veciños en colaboración co Concello.







TECENDO INCLUSIÓN

 A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta dat...