jueves, 19 de diciembre de 2019

POLO NADAL UN CONTO NUNCA VAI MAL

Desexamos que  teñades un moi bo Nadal e que o 2020 sexa un ano cheo de paz e prosperidade para todas e todos.
Aquí tedes unha pequena guía con recomendacións de libros, un libro sempre é un bo agasallo:

"POLO NADAL UN CONTO NUNCA VAI MAL"


MERCADILLO SOLIDARIO DE NADAL

Un curso máis colaboramos cos nosos pequenos traballos e visitamos o "Mercadillo solidario de Nadal" na residencia de maiores Domus VI. Este mercado ten como obxectivo  recaudar fondos para Cruz Vermella.







Saída ao cine

Unha das últimas actividades deste mes foi a saída ao cine da vila, para algunha nena e algún neno foi a primeira vez que foron ver unha película a unha sala de cine. Visionaron unha cinta con moitos valores como a amizade, a non violencia, a valentía,...  : Ferdinand



NADAL COS AVÓS E AVOAS DE DOMUS VI

As avoas e avós da residencia Domus Vi estiveron na nosa escola para contarnos o conto de "ANTÓN E O APALPADOR". Tamén trouxeron un buzón para   as cartas que recollerá o Apalpador e que fixeron nas aula coas mestras.



POLO NADAL, CIDADANIA NA BIBLIOTECA

Recibimos a visita do alumnado do IES VILAR PONTE que nos contaron unha fermosa historia dentro da que representaron tres pequenos contos, empregando títeres feitos por eles mismos, sobre o "Apalpador, Mamá e papá Noel e os Reis Magos". Unha experiencia maravillosa para todas e todos.




PIDO, PIDO,...CON SENTIDO


Dentro das actividades do mes de decembro tivemos a proposta de INFONADAL, por un consumo responsable no Nadal, da Escola Galega de Consumo, cunha proposta de charla informativa para as familias e para o alumnado contos e obradoiros , baixo o titulo de :
" PIDO, PIDO,...CON SENTIDO"




lunes, 9 de diciembre de 2019

OS BOLECHAS VAN A VIVEIRO - SI Á IGUALDADE, NON Á VIOLENCIA

A pasada semana todas as nenas e os nenos do cole recibiron un agasallo moi especial de mans da alcaldesa, a conselleira de cultura e a responsable do CIM. E así levaron para as súas casas o conto:

OS BOLECHAS VAN A VIVEIRO
SI Á IGUALDADE, NON Á VIOLENCIA

Tamén nos deixaron uns exemplares para completar a colección que temos dos Bolechas na nosa biblioteca. Este conto fainos moita ilusión xa que aparece os lugares do noso pobo polos que paseamos e danos consellos para facer a vida máis féliz.






AS FAMILIAS PARTICIPAN NA SELECCIÓN DE FONDOS

O equipo da biblioteca puxo en circulación entra as familias un caderno onde poden participar activamente na nosa biblioteca suxerindo materiais , xogos e fondos que fomente a igualdade e a inclusión.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

3 DE DECEMBRO- DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar este día tan importante e facer ver ao alumnado o grande esforzo e capacidade de superación que nos amosan día a día as persoas , nenos e nenas coma eles cos que sentirse identificados e identificadas, e incluso as mascostas que conviven con nós, vimos 3 curtametraxes de animación máis que reconmendables para este fin e sobre os que tivemos un diálogo final.

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...