BIBLIOTECA CREATIVA

BIBLIOTECA CREATIVA 22-23

Estamos a deseñar un  espazo na nova biblioteca espallada cheo de posibilidades para múltiples actividades da biblioteca creativa onde as nenas e os nenos podan crear  xogos e levar a cabo investigacións e pequenos proxectos ideados por eles mesmos.

Polo de agora aínda que non podemos usar ese novo espazo por estar en construcción si que seguimos creando e realizando moitas cousiñas, unha mostra é a bolboreta que diseñaron o alumnado de 6º coa que investigamos sobre a luz, a sombra e as cores en distintos espazos e con diversos tipos de luces, a máis fermosa a solar no patio do cole.


BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2021-2022

Comezamos o 2º trimestre cun obradoiro polo DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL, coa axuda das familias, para reutilizar camisetas e convertelas en bolsas para a compra.

Presentamos algunhas das actividades promovidadas dende a BIBLIOTECA CREATIVA durante o 1º trimestre do curso 21-22



Seguimos de noraboa, o noso centro é un dos 25 seleccionados este curso 2020-2021 para participar no proxecto de BIBLIOTECA CREATIVA:

"A través desta iniciativa dirixida a infantil e primaria búscase familiarizar aos máis cativos coa robótica e a linguaxe de programación"

A nosa bilioteca creativa  acolle todo tipo de linguaxes (oral, escrita, icónica, audiovisual, artística...) e posibilita á comunidade educativa múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación.

Pretrendemos que sexa unha biblioteca creativa e espallada con espazos de expresión e autonomía a través de experiencias cos escornabots, creatividade, reutilización de materiais, recursos interactivos, alfabetizacións múltiples,  e novas tecnoloxías creativas...aberta a múltiples experiencias.


RETO HACKOBEO DE AULA NOVA 

Estamos moi ledas polo premio recibido da mascota máis riquiña do reto HACKOBEO, SIGUE A FRECHA AMARELA. Xa temos o noso Librín Pelegrín interactivo en eTextiles, que servirá como motivación inicial na biblioteca o vindeiro curso. 









OBRADOIROS DE TÍTERESDE PAO, DE DEDO, ...


MÚLTIPLES EXPERIENCIAS


BIBLIOTECA ESPALLADA


ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL





XOGAMOS E CREAMOS COS ESCORNABOTS





OBRADOIRO DE COSIDO





Laberintos escornabóticos:



Coñecemos os elementos que compoñen un ESCORNABOT:



Dous dos libros que formarán parte da bibliografía de Librín como agasallo da nosa participación no proxecto BIBLIOTECA CREATIVA


Preto do DÍA DAS BIBLIOTECAS comezamos o proxecto da BIBLIOTECA CREATIVA coa formación en Santiago de Compostela onde aprendimos a motar un escornabot. Chus a compañeira que participou nesta formación voltou con catro escornabot para o RECUNCHO ESCORNABÓTICO da biblio.






 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

PRETO DE TI

 O día 2 de abril celebramos  é unha das datas máis marabillosas do curso, e aquí está a nosa biblioteca PRETO DE TI para conmemorar o DÍA I...