Despois de presentar a memoria para a nosa candidatura ó
"Selo de BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA 2019-2020"
Selo que recoñece os esforzos das comunidades educativas por conformar “bibliotecas escolares inclusivas”, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento. Asemade este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidad escolar.
Na Resolución do 16 de xullo de 2020 comprobamos que os esforzos de todas e todos deran o seus froitos. Seguiremos traballando arreo para mellorar cada día máis, xa que a calidade do ensino público e deste centro en particular é cousa de todas e todos nós.
Parabéns para toda a nosa comunidade educativa
No hay comentarios:
Publicar un comentario