lunes, 29 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

Durante a semana do 23 de abril celebramos a festa do libros con voluntariado de lecturas de contos que falan dos libros e das bibliotecas.
O día 23 recitamos e gravamos poesías para as actividades da exposición da Microrrede. Tamén disfrutamos do visionado dunha obra de monicreques de refugallo, feitos polas mestras, sobre un conto inventado que fala do coidado da Natureza  titulado "O DÍA DESPOIS". Que pasa cando o monte se incendia, que pasa o día seguinte,...como debemos coidar o que nos rodea.

lunes, 22 de abril de 2019

EU = QUE TI, traballando pola Inclusión

Un curso máis  as nenas e nenos do San Roque compartiron unha xornada cos alumnos de ASPANANE, traballaron xuntos nos obradoiros de cerámica, madeira e serigrafía. Estas xornadas permiten  a inclusión, a normalizar, nunha palabra a convivencia.








jueves, 11 de abril de 2019

MES DOS LIBROS: monicreques, dramatizacións, kamishibai e recital de poesía.

Dentro das actividades das bibliotecas escolares da zona, Microrrede da Mariña, sempre nos parece moi importantes as colaboracións e actividades entre centros, tanto para o alumnado coma para o profesorado. Neste senso esta semana recibimos a visita das rapazas e rapaces do IES Vilar Ponte, que crearon historias e contos para dramatizar, para teatro de monicreques e para o kamishibai. Foron todo un éxito!.
Queremos agradecerlles estes fermosos relatos, os monicreques que  nos deixaron de agasallo e a implicación de Irma a súa mestra.







O noso alumnado tamén recitou poesía para esas rapazas e rapaces. Disfrutaron moito xuntos.


miércoles, 3 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO INFANTIL

O pasado día 2 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL cunha función de contacontos formado por nais e pais de alumn@s de 6º de Infantil,  que non tivo nada que envexar a unha función dunha compañía profesional.
A obra elexida foi A MOSCA CHOSCA, para a que elaboraron meteriais, caretas e atrezo.
Resultou do agrado de todas e todos, pequenos e profesorado.
Dende aquí queremos darlles as grazas pola sua implicación, colaboración e xenerosidade, pois deixaron todos os materiais elaborados para que podamos representalo tantas veces como se queira.
Esperamos que sexan de inspiración para outras familias, e damoslles a nosa sincera noraboa.




martes, 2 de abril de 2019

ESCOITAMOS COMO...

A nai de Pablo, de 5º de infantil, obsequiou aos nenos e nenas  coa lectura dun conto marabilloso para traballar a inclusión: "Por catro esquinas de nada". Encantóunos!!!Moitas gracias!!!!









lunes, 1 de abril de 2019

MALETA INCLUSIVA

Durante todo o mes de marzo disfrutamos da MALETA VIAXEIRA INCLUSIVA que pon a disposición dos centros a Asesoría de Bibliotecas Escolares. As nosas nenas e nenos disfrutaron dos contos que contén, algún xa estaban dentro dos nosos fondos pero aqueles que non coñeciamos imos mercalos en breve.



TECENDO INCLUSIÓN

 A nosa pretende ser unha escola plenamente inclusiva polo que unha data como o Día Internacional da Discapacidade é moi especial. Nesta dat...